Casa Museo María Pita 2018-01-20T09:39:52+00:00

Casa Museo de María Pita

A Casa Museo de María Pita, sita no número 28 da coruñesa Rúa de Herrerías lembra a vida desta heroína. No solar que ocupa levantouse no século XVI unha vivenda propiedade do primeiro marido de María Pita, Juan Alonso de Rois.

Estrutúrase en catro salas:

  • Planta Baixa: Na que se expón información básica sobre a Cidade nos séculos XVI e XVII.
  • Casa de María Pita “a vella”: Recreación da tenda e dormitorio principal da casa dos seus pais.
  • Sala nivel 2: Información sobre o papel xogado pola Coruña nas relacións internacionais da época.
  • Sala nivel 3: No que se analizan as relacións entre España e Inglaterra e os feitos que levaron ao ataque da Coruña no ano 1589. Nunha segunda parte exponse unha panorámica da traxectoria da vida de María Pita.

Situación Casa Museo María Pita