D. Gerardo Fernández Albor, nomeado no ano 2003 Cabaleiro de Honra desta Real Orde, cumpriu 100 anos o pasado 7 de setembro. O primeiro presidente da Xunta elixido nas urnas polo pobo galego celebrouno en familia, reunindo na súa casa de Biduido (Ames) a todos os seus fillos, sete, e a gran parte dos seus netos e bisnietos, aproveitando as súas breves declaracións para «dar as grazas a toda a xente polo agarimo que recibo».
Con motivo destes aniversarios centenarios, baixo a coordinación do foro de pensamento e opinión Galicia Milenio celebrouse en Santiago un simposio internacional polo que desfilaron diversos expertos para analizar a súa biografía e a época que lle tocou vivir. O simposio, celebrado os dias 15 e 16 de setembro, fué clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, que lle impuxo a Albor a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.
O programa deste simposio, cuxo título era «Gerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente», poden velo a través do ligazón 2017_Simposio_centenario_Albor.
[:es]
Al cumplir sus 100 años de edad, el Doctor D. Gerardo Fernández Albor, nombrado en el año 2003 Caballero de Honor de nuestra Real Orden, recibió un homenaje a través de un simposio internacional por el cual desfilaron diversos expertos para analizar su biografía y la época que le tocó vivir. El simposio, celebrado en Santiago los dias 15 y 16 de septiembre, fué clausurado por el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y el presidente del Gobierno de España, Mariano Rajoy, que le impuso a Albor la Medalla de Oro al Mérito en el Trabajo.
[:]