Tras a celebración do Capitulo Xeral Ordinario concretouse data para a reunión coa Alcaldesa, na súa condición de Gran Maestre, para informala dos asuntos aprobados na mesma.
Nesta ocasión fomos recibidos polo concelleiro de Relacións Institucionais, Juan Ignacio Cordeiro Vázquez, ao que se lle expuxo todo o acordado no Capítulo e que podemos resumir nos seguintes puntos:
– presentación da nova Xunta de Goberno elixida nas últimas eleccións celebradas en marzo.
– buscar data para a Investidura de Fernando Romay como
Caballero de Honra 2020 (aprazada no seu día pola pandemia).
– solicitar a colaboración na presentación dos XXX Xogos Florais María Pita dedicados a María Casares, así como a posibilidade de dispoñer do Teatro
Colón e da OSG para a gala correspondente, a celebrar nunha data próxima ao 21 de novembro, cando se cumpren 100 anos do nacemento da actriz
na nosa cidade.
– seguimos recollendo firmas para que o noso aeroporto leve o nome de María Pita.