Os XXX Xogos Florais María Pita están dedicados á actriz María Casares o celebrarse este ano o centenario do seu nacemento na nosa cidade.  Unha vez realizada a presentación dos devanditos Xogos, no Palacio Municipal, pola Alcaldesa  Inés Rey e o Maestre José Duarte  ábrese a convocatoria  deste certame poético, finalizando a recollida de traballos o 13 de novembro.

Os traballos, que poden ser en galego ou en castelán, serán composicións poéticas  que deberán versar sobre a figura de María Casares  e/o o lema ” Vivir é Sentir”. Cada autor poderá presentar como máximo dúas composicións. Establécense dúas categorías: senior e junior, sendo os premios de 2.000 e 1.000 € respectivamente.

Podemos ver as bases no cadro adxunto.

ir a página