As homenaxes conmemorativos do 433 aniversario da Vitoria de María Pita e os Coruñeses sobre o cerco inglés, comezou como xa é tradición no  Castelo de San Antón, onde se rendeu homenaxe aos heroes na defensa da cidade en 1589.  O Cabaleiro Antonio Aguiar nos deleitó con  un sentido parlamento. “Il Silenzio” interpretado por un cuarteto de metal puxo a nota musical a este emotivo acto.

Seguiron as homenaxes na mesma praza de María Pita, o pé da súa estatua, onde Ignacio Borrego, concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, en representación da Alcaldesa, dirixiunos unhas palabras.  Un breve concerto que finalizou cos himnos galego e nacional puxo fin á ofrenda floral.

Finalmente, en Porta de Aires, as palabras do Cabaleiro Luís Gorrochatégui fixéronnos vibrar coa descripción do asalto á muralla e a defensa heroica da mesma, entre as que destacou María Pita que deu morte o abanderaro inglés.  Baixo os acordes de “a morte non é o final” realizouse unha ofrenda floral a cargo de Manuel Areas, Luís Gorrochatégui e José Duarte.

Este ano acompañáronnos membros doutras Asociacións e Ordes repartidas pola peninsula ibérica, dándolle un colorido especial a un dos días máis relevantes da Real Orde de Cabaleiros de María Pita.

ir a página