Desprazamento a Santiago de todolos participantes no Congreso para asistir á Misa do Peregrino, onde o Maestre da Real Orde realizou a Invocación ao Apóstolo en nome de todolos congresistas, que puideron observan o funcionamento do Botafumeiro.

Lis Teuntor cantou a capela o Ave María, para delicia de todos os asistentes ao oficio relixioso.

Ao finalizar puidemos realizar a foto con D. Julián Barrio, arzobispo de Santiago.

Posteriormente ofreceuse unha recepción no Hostal dos Reis Católicos pola Orde do Camiño de Santiago, que preside Miguel Pampín,  con quen o día anterior realizouse  un convenio de colaboración, podendo degustar produtos tipicos da nosa terra.

Logo dun paseo por Santiago, desprazamento a Coruña e ás distintas zonas de procedencia dos inscritos no Congreso.

ir a página