Afianzando o noso propósito de promoción do Camiño Inglés, durante os días 13, 14 e 15 de maio celebramos dentro do XLIII Foro María Pita o Congreso “Camiño de Santiago e Ordes de Cabalería” no auditorio da Fundación Barrié da nosa cidade.
Asistiron Ordes de Cabalería e Asociacións de distintos puntos da xeografía española e tamén desde Portugal, así tivemos presenza de integrantes da Orde da Capa Española de Valencia, da Orde de Cabalería da Jarra e o Grifo de Medina do Campo, Real Orde de Cabaleiros do Mosterio de Yuste (Cáceres), da Orde do Camiño de Santiago, da Asociación dos Autarcas Monárquicos de Braga (Portugal) e da Asociación de Historia e Cultura Militar do Noroeste.
A inauguración oficial do congreso correu a cargo de Gonzalo Trenor (delegado da Xunta na Coruña), Ignacio Borrego (concelleiro de Relacións Institucionais e de Turismo da Coruña) e José Duarte (Maestre da Real Orde de María Pita).
O primeiro día do congreso as conferencias e ponentes foron os siguintes:
Fernando López Rodríguez “As Ordes de Cabaleiros e os Hospitais do Camiño: de Santiago ao fin da Terra”
Alfonso García López “O Camiño de Santiago e o Porto da Coruña”
Manuel F. Rodríguez “Diferencias e similitudes entre as antigas cofradías de Santiago e as ordes militares na Ruta Xacobea”
Darío Villanueva “Significado histórico, espiritual e cultural do Camiño de Santiago”
Finalizando a primeira xornada deste Congreso coa achega musical da agrupación de Tuna de Veteranos da Coruña.