Despois de dous anos sen  poder investir ao Caballero de Honra 2020, o 4 de febreiro de 2022 puidemos realizar a investidura de Fernando Romay no salón de plenos do Palacio Municipal.

Tras a lectura da acta pola Vicecanciller Ana Mª Nieves,  onde se aprobou o seu nomeamento, a Alcaldesa e Gran Maestre  Inés Rey,  impúxolle o medallón conmemorativo e o Maestre José Duarte entregoulle o privilexio co seu nomeamento e o escudo de armas.

Nas distintas alocucións púxose en evidencia a gran altura do novo Caballero de Honra e non pola súa estatura, senón pola súa altura moral, o seu compromiso e solidariedade cos demais. A emoción veu coas palabras que nos obsequiou,  lembrando a súa infancia na nosa cidade, aos seus pais e o seu posterior desprazamento á capital de España sendo aínda un neno para realizar unha proba co Real Madrid, converténdose co tempo no pivote coruñes, etiqueta que levaba con moito orgullo.

O acto finalizou coa brillante intervención do músico Eloy Vázquez  que levou por primeira vez ao Palacio de María Pita o son da zanfona e o dulcimer.

Coa firma no libro de ouro da Real Orde e a foto na escaleira de honra de todos os asistentes, finalizou este brillante e emocionante acto.

ir a página