Baixo os acordes dun violín, na igrexa da Venerable Orde Terceira, onde  no seu convento o Emperador Carlos I celebrou as Cortes de Castilla alá polo ano 1520, procedeuse ao solemne acto das Investiduras dos novos Cabaleiros.

Cun cerimonioso camiñar polo corredor central, gardando as súas costas os padriños, ao chegar ao pé do altar e a requerimiento do Maestre, cada Cabaleiro Electo reafírmase no seu compromiso coa Real Orden.

Baixo as palabras de firmeza, xustiza e lealtad e o toque coa espada nos ombreiros e a cabeza, cada novo membro  é solemnemente investido, prosegue o acto coa imposición do medallón de prata, a colocación da capa polos seus padriños e a entrega dos Estatutos e o Reglamento. Finalizando  co abrazo de benvida  do Maestre e  dos padriños.

Foron investidos Cabaleiros en 2021: Esteban Branco Picallo, José Ignacio Rodriguez Gómez e Manuel Nión e Suarez.

Foi nomeado Comendador en Dakar  o Cabaleiro Juan Carlos Arcos Yañez.

Tamén se procedeu neste acto aos nomeamentos dos novos cargos da Xunta de Goberno,  José Manuel Vázquez Forno como Canciller, Ana María Neves Ónega como Vicecanciller e Genoveva Gundín González como Alférez.

Finalizou o acto co Himno a María Pita a cargo da Cabaleiro Guadalupe Teuntor Dominguez.

ir a página