O xoves 31 de marzo celebramos  o Capítulo Xeral Ordinario, no auditorio  do Museo Militar.  Nesta reunión aprobouse o balance económico do exercicio anterior así como o orzamento para o ano en curso e a proposta de actividades para o 2022.
Referendouse polo Capítulo dedicar os XXX Xogos Florais María Pita á actriz María Casares ao cumprirse o centenario do seu nacemento na cidade da Coruña.
Foron referendados polo Capítulo os novos nomeamentos de Cabaleiros, o nomeamento de Asesores en Historia da Real Orde nas persoas de Mª Carmen Saavedra e Luís Gorrochatégui e o nomeamento de Caballero de Honra 2022 na persoa do escritor Manuel Rivas. Tamén aprobouse a creación e desenvolvemento das medallas María Pita.
Como agradecemento pola súa colaboración no uso das instalacións do Museo Militar, o Maestre entregou unha figura de María Pita ao coronel  Antonio Montero.
ir a página