O xoves 23 de setembro celebramos  o Capítulo Xeral Ordinario, esta vez si puido ser de forma presencial, no zaguán do Museo Militar.  Nesta reunión aprobouse o balance económico do exercicio anterior así como o orzamento para o ano en curso e a proposta de actividades para o 2021.

Referendouse polo Capítulo dedicar os XXX Xogos Florales María Pita á actriz María Casares ao cumprirse o centenario do seu nacemento na cidade da Coruña.

Foron referendados polo Capítulo os novos nomeamentos de Cabaleiros, o nomeamento de Asesores en Historia da Real Orden, así como a formalización das novas  Encomendas en Madrid e en Dakar.

Quedaron para estudar máis profundamente a creación e desenvolvemento das Medallas María Pita.

Como agradecimiento pola súa colaboración no uso das instalacións do Museo Militar, o Maestre entregou unha figura de María Pita a Francisco Manuel Gómez Cobas, director do mesmo.

ir a página