Durante a celebración do Foro María Pita e trala lectura do acta do seu nomeamento  polo canciller José Manuel Vázquez Forno, procedeuse á investidura  da actriz Dña. Isabel Branco Picallo e do baloncestista D. Fernando Romay Pereiro como Embaixadores do Camiño Inglés dos anos 2020 e 2021 respectivamente.

A investidura de  Isabel Branco foi realizada, como xa é tradición, polo Embaixador deste Camiño no último ano que se puido realizar (2019): o xuíz José Antonio Vázquez Taín e o Maestre da Real Orde José Duarte.  Así mesmo, a investidura de Fernando Romay foi realizada por Isabel Branco e por José Duarte.

A vicecanciller Ana María Neves foi a encargada de entregarlle os privilexios correspondentes aos novos Embaixadores. Todo iso ante a atenta mirada do peregrino  “Willian Wey”.

ir a página