Foro Maria Pita dedicado ao Camiño Inglés,  conducido polo actor e guía de turismo Suso Martinez caracterizado de William Wey, peregrino inglés que realizou a súa peregrinaxe a Santiago de Compostela no Ano Santo Compostelán de 1456  e que plasmou na súa obra ” Itinerarium peregrinationis”.  Brillante representación na que de forma moi didáctica foi explicando conceptos relacionados co Camiño de Santiago, tales como o que significa ser romeu, palmeiro ou peregrino.

O xornalista e escritor Manuel F. Rodriguez, gran experto  nos  distintos camiños a Santiago de Compostela foi o encargado de realizar a conferencia sobre o “Camiño Inglés: camiño do Patrimonio da Humanidade”. Brillante e interesante disertación sobre a historia deste Camiño, das súas variantes e do seu carácter internacional.

ir a página