Invitación á recreación da partida da Real Expedición Filantrópica da Vacuna, no bicentenario do falecemento do Dr. Francisco Balmis, organizado pola Asociación Isabel Zendal e a participación dos nenos do CEIP Labarta – Posse de Baio.
O 30 de novembro de 1803 saíu desde o porto da Coruña a expedición que levaría a vacuna da viruela a América na corbeta María Pita.
Isabel Zendal participou na expedición coidando dos 22 nenos de idades entre 3 e 9 anos, entre eles o seu fillo, que foron os portadores da vacuna aos territorios españois de ultramar. Desde 1950, a OMS recoñécea como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.
Os XXVIII Xogos Florales María Pita serán dedicados este ano  a Isabel Zendal.