A celebración do quinto centenario da Reunión das Cortes de Castilla que tivo lugar en Santiago e A Coruña en abril e maio de 1520,  constitúe o motivo da conferencia da historiadora María do Carmen Saavedra, que relatou a importancia que devandito acontecemento habería ter na historia da cidade herculina.

A primeira parte da charla analizou o contexto político no que tivo lugar dita asemblea, as circunstancias que explican a elección da súa dobre sé e as principais materias tratadas. O groso da exposición incidió na situación da cidade en devandita época e os efectos derivados da estancia real, prestando paticular atención aos privilexios concedidos á localidade polo monarca. Neste sentido, o establecemento dunha Casa de Contratación para o comercio coas illas Molucas ía converterse na concesión máis relevante.

María do Carmen Saavedra é Doutora en Historia Moderna e Profesora Titular na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Grazas por esa lección magistral de Historia sobre a nosa cidade.