A Real Orde de Cabaleiros de María Pita despediu os actos deste ano co seu xa tradicional Encontro Navideño, celebrado no Sporting Club Casino, onde se fixo un repaso visual de todo o acontecido durante 2019.
Neste acto entregouse un recordo ao músico e compositor Alfredo Casanova responsable da transcrición do himno de María Pita para voz solista e banda de música (estreado durante os últimos Xogos Florales) e tamén se procedeu á entrega a Raul Besada Vázquez do cheque recaudado durante a festa de outono a favor da Fundación Terra de Homes, que ascendeu a 2.111,13 €.
O brindis realizouno un emocionado Antonio Abeijón, Cabaleiro Investido co corazón máis novo da Real Orde, protagonizando o brindis musical  a soprano e cabaleiro Lis Teuntor.
Finalizouse este encontro navideño coa música de Carlos Manteiga.