Encontro Navideño 2018

Encontro Navideño 2018

2019-01-13T11:10:45+00:00 19 Decembro 2018|
Encontro Navideño celebrado nas instalacións do Sporting Club Casino o 19 de decembro de 2018, nun marco de confraternidad e bos desexos como corresponde a estas datas. Encontro entrañable, de máis dun centenar de persoas, que están unidas por idénticos fins, onde se brindou polo futuro que nos agarda pero tamén polo pasado brillante, desexando que o ano novo sexa excelente para todos e o que finaliza sexa recordado con nobreza.
O acto comezou cun vídeo onde se mostraron imaxes das actividades realizadas ao longo do ano.
A continuación, procedeuse á entrega da insignia de ouro e prata aos ex- maestres, en atención aos méritos contraídos durante os seus respectivos mandatos: Vicente Iglesias Martelo, José Vilasánchez Hermida e Manuel Mora Pita da Veiga. Unha indisposición de última hora, fixo que non fose posible a presenza do Maestre de Honra Fundador Antonio Gundín Fandiño.
 
A continuación fíxose entrega da figura de María Pita a Richard Huerta, director do Hotel Ibis Styles A Coruña e a Jose Luís Fernández, director de comunicación de Gadisa, pola colaboración prestada este ano nos distintos actos organizados pola RO.
 

Levouse a cabo tamén neste acto, a entrega ao presidente do Hogar de Sor Eusebia José Vicente Martinez Rico, do recaudado (2.500€), na xa tradicional cea solidaria de outono.

O acto continuou co brinde da Traviata interpretado pola cabaleiro Lis Teuntor.

 
E para finalizar  unha sorpresa final,  con celebración de aniversarios incluídos, dos dous cabaleiros máis veteranos José Manuel Liaño Flores e Antonio Abeijón Fábregas, que simbolizan actitude positiva, tenacidade, constancia, participación, nobreza, solidariedade,… Valores, todos eles e máis que a RO quere fomentar e manter.