Ruta guiada por “María Pita”

Ruta guiada por “María Pita”

2019-01-13T12:21:42+00:00 29 Decembro 2018|
O sábado 29 de decembro realizamos a última actividade do ano 2018, que consistiu nun percorrido pola cidade vella, guiados por “María Pita”.
Foron case dúas horas nun proxecto que pretendemos profundar no próximo ano para achegar a nosa historia aos colexios e a todos aqueles que desexen coñecela.
 
A visita comezou na Praza de María Pita, baixo a escultura da heroína coruñesa, onde Pilar , a nosa guía caracterizada de María Pita, explicounos a famosa batalla de 1589, na que os ingleses foron repelidos. Continuou o percorrido adentrándonos no corazón da cidade vella, con paradas na Igrexa de Santiago, Praza de Azcárraga, Igrexa de Santa María do Campo,…onde foi debullando a súa propia historia, pero tamén a estrutura da cidade naquela época e a historia de personaxes coetáneos .