Excursión a Ribeira Sacra

|, Blog|Excursión a Ribeira Sacra

Excursión a Ribeira Sacra

2018-09-25T20:39:47+00:00 25 Setembro 2018|

Viticultura heroica

O sábado 22 de setembro desprazámonos en autocar ata Doade, no municipio de Sober, berce da denominación de orixe Ribeira Sacra, para coñecer de cerca a Viticultura Heroica e a paisaxe dos Canón do Sil.

Percorremos nun tren turístico as ladeiras da Ribeira Sacra podendo tocar coas nosas propias mans os socalcos milenarios que alcanzan desniveles de ata un 70 %, puidemos contemplar a  mencía e atravesar a sagrada terra que acubilla o aurífero Sil, desprazámonos ata o Mirador do Duque desde onde tivemos unhas inmejorables vistas sobre o Canón do  Sil, para finalizar a mañá coa visita á bodega Regina Viarum, onde nos explicaron as características da viticultura heroica e realizamos unha pequena cata con dous viños desta denominación de orixe: un mencía e un godello.

Logo de repoñer forzas en  un restaurante emblemático A Cantina onde demos boa conta das viandas da zona e tras unha sobremesa curta desprazámonos ata o embarcadoiro de Doade, onde subimos a un catamarán especialmente reservado para a ROCMP, realizando unha ruta polo Canón do Sil, travesía que nos permitiu gozar dunha paisaxe poboada de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cultivados en pendentes de gran desnivel, así como a zona máis escarpada e vertical do Canón.

O pase de diapositivas require JavaScript.