FERNÁNDEZ ALBOR,
CABALLERO DE HONRA 2003,
CUMPRE 100 ANOS

 

O pasado 27 de abril, xoves, reuniuse o Capítulo Xeral Ordinario na antesacristía da Venerable Orde Terceira.

 

D. Gerardo Fernández Albor, nomeado no ano 2003 Cabaleiro de Honra desta Real Orde, cumpriu onte 100 anos. O primeiro presidente da Xunta elixido nas urnas polo pobo galego, celebrouno en familia, reunindo na súa casa de Biduido (Ames) a todos os seus fillos, sete, e a gran parte dos seus netos e bisnietos.

 


 

www.lavozdegalicia.es 2017.09.08

 

Ao cumprir o seu centenario mira ao futuro cun optimismo envexable. Declárase atafegado pola onda de felicitacións recibidas e aproveitou as súas breves declaracións para “dar as grazas a toda a xente polo agarimo que recibo”.

 

Nos próximos días 15 e 16 deste mes de setembro, baixo a coordinación do foro de pensamento e opinión Galicia Milenio, renderáselle a Fernández Albor unha homenaxe a través dun simposio da Universidade de Santiago (USC) polo que desfilarán diversos expertos para analizar a súa biografía e a época que lle tocou vivir. Este simposio será clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, que lle impoñerá a Albor a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.

O programa deste simposio, que leva por título “Gerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente”, poden velo a través da ligazón:

 

 

Para unha maior información sobre os actos, poden picar sobre esta imaxe:

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/figura-albor-epoca-analisis-un-simposio-motivo-100-anos-expresidente/idEdicion-2017-09-05/idNoticia-1071937/
 

www.elcorreogallego.es 2017.09.05