Fernández Albor en “A nosa xente”

|, Real Orden de Caballeros de María Pita|Fernández Albor en “A nosa xente”

Fernández Albor en “A nosa xente”

2018-02-15T22:58:59+00:00 16 Setembro 2017|

D. Gerardo Fernández Albor, nomeado no ano 2003 Cabaleiro de Honra desta Real Orde, cumpriu 100 anos o pasado 7 de setembro. O primeiro presidente da Xunta elixido nas urnas polo pobo galego celebrouno en familia, reunindo na súa casa de Biduido (Ames) a todos os seus fillos, sete, e a gran parte dos seus netos e bisnietos, aproveitando as súas breves declaracións para “dar as grazas a toda a xente polo agarimo que recibo”.

Con motivo destes aniversarios centenarios, baixo a coordinación do foro de pensamento e opinión Galicia Milenio celebrouse en Santiago un simposio internacional polo que desfilaron diversos expertos para analizar a súa biografía e a época que lle tocou vivir. O simposio, celebrado os dias 15 e 16 de setembro, fué clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, que lle impuxo a Albor a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.

O programa deste simposio, cuxo título era “Gerardo Fernández Albor e o seu tempo. Cen anos dun presidente”, poden velo a través do ligazón 2017_Simposio_centenario_Albor.