Project Description
AS NOSAS FIGURAS
Heroísmo de María Pita (1589) Debuxou e pintou: F. Ferrer e Ros.
Litógrafo: Giraudier – Coruña. Litografía de Puga – Coruña, S. XIX, 12 x 16 cm.
Do folleto en homenaxe á Heroína titulado Relación histórica do sitio posto polos Yngleses (sic) á cidade da Coruña no 4 de maio de 1589: e que do glorioso triunfo alcanzado polos Coruñeses nesta xornada, debido en gran parte ao singular valor da famosa María Fernández da Cámara Pita., que se editou sendo alcalde D. Juan Flórez, para solemnizar a inauguración da Feira de 1850
Estatua de María Pita
Na Praza de María Pita, onde se atopa o consistorio da cidade da Coruña, levantouse un monumento en honra a María Pita. A estatua, en bronce, é obra de Xosé Castiñeiras, e representa á heroína alzando unha lanza e aos seus pés o corpo sen vida do alférez inglés que tentou penetrar na Cidade en 1589.
A altura total da obra é de 9,31 metros, está composta por unha plataforma con chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 m e os 3,30 m da escultura. O seu peso é de 30 toneladas.
Na plataforma graduada atópase un pebetero cuxa chama permanece acendida durante todo o día e catro horas apagada durante a noite, desde as tres ata as sete da madrugada.