Con case un ano de atraso sobre a data prevista, por culpa da pandemia, celebramos os XXIX Xogos Florais María Pita, esta vez dedicados a  maestra, pedagoga e escritora María  Barbeito Cerviño (1880-1970), partidaria da educación libre, creativa e universal, así como da educación física e da música.
Presentou o acto a poeta Yolanda Castaño, que tamén exerceu de presidenta do xurado. Xurado completado por  o catedrático José María Paz Gago e a escritora Branca Riestra.
Javier Celemín,  concelleiro de Educación da Coruña exerceu de mantedor do acto, facendo unha detallada exposición da biografía da homenaxeada cando se cumpren 160 anos do seu nacemento.
Tras a lectura da acta por  o Caballero José Carlos Cobas, secretario do xurado, entregáronse os premios aos gañadores tanto na versión junior como na senior, respectivamente a:
–  Daniel Souto polo seu poema  ” Metamorfose”.
–  Mirian Ferradás Ferradás polo seu poema  “Corazón de chicharo”.
Tras as palabras do Maestre agradecendo aos asistentes a súa presenza no Teatro Colón, aos participantes animándolles a seguir concursando e os patrocinadores do acto, procedeuse ao peche do mesmo coa actuación  musical do grupo vocal Aris Stellae que comanda a soprano hispano-cubana Lis Teuntor.
Entregáronse recordos do acto a Richard Huerta director do hotel Hilton patrocinador do premio senior, a Javier Celemin como mantedor do acto, ao atelier Javier Quintela pola súa colaboración nestes actos e a Beatriz Martinez Barbeito,   neta da homenaxeada.
Como xa é tradición pechouse o acto co Himno de María Pita e o Himno de Galicia.
Acto retransmitido en streaming pola empresa Mediaceb Stream.

 

  • Copiar
ir a página