Conferencia maxistral do científico e Cabaleiro de Honra 2017  don Anxo Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética. Ante un auditorio completamente cheo disertou sobre xenética e historia, relacionando a cultura cos avatares históricos da nosa cidade. Todos quedamos encantados pola súa facilidade para facer o difícil atractivo e sobre todo pola súa calidade humana.

Cun viño nunha terraza da praza de María Pita deuse por finalizado este interesante e emotivo acto.

ir a página