Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente de Gadisa, investido Cabaleiro de Honra o 7 de novembro de 2018, no Salón de Plenos do Palacio de María Pita, ante a presenza de numerosos Cabaleiros da Real Orde, autoridades, representacións e público. O Gran Maestre e Alcalde da nosa cidade impón o Medallón da RO lembrándonos os seus méritos e competencia. O Maestre entregoulle o noso escudo e o Privilexio de Cabaleiro de Honra.
A nota musical púxoa o violonchelista de orixe rusa Vladimir Litbic, interpretando o Preludio da Suite nº 3 de J S Bach.
Despois do acto o novo Cabaleiro firmou no libro de ouro da Real Orde.
Cun viño nunha terraza da praza de María Pita deuse por finalizado este interesante e emotivo acto.