CAMIÑO INGLÉS
PATRIMONIO DA HUMANIDADE


 

Entre as actividades relevantes propostas pola actual Xunta de Goberno para este ano 2017 destaca a promoción do Camiño Inglés para que sexa incluído como Patrimonio da Humanidade. E elixiuse precisamente este ano, 2017, ao celebrarse o XXX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo..

O labor de promoción emprendida inclúe, inicialmente, tres actividades: a realización do Camiño Inglés (do 11 ao 15 de agosto), un coloquio sobre este Camiño (dentro do Foro María Pita, no último trimestre do ano) e a publicación dun libro-guía..

A actividade máis inmediata, a realización do Camiño, incluirá dúas etapas testemuñais (a primeira e a última) e tres etapas reais..

Como poden ver no seu cartel promocional, o percorrido iniciarase na nosa Cidade, na Igrexa de Santiago, o vés 11 de agosto, ás 19:00 horas. Esta etapa é basicamente testemuñal e, pola súa transcendencia mediática, destacamos a importancia de participar nela.

Os días 12, 13 e 14 de agosto realizarase o Camiño, por etapas de 20-25 km, aprox. A saída farase o día 12 nel Burgo e tras cada etapa regrésase a Coruña (en autobuses xa programados) para comezar ao día seguinte onde se finalizou. Por razóns de organización, lémbrase a aqueles que estean interesados en participar nestas tres etapas a necesidade de anotarse previamente. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo electrónico desta Real Orde:

ordendecaballerosdemariapita@gmail.com

O martes 15 de agosto realizarase directamente o traslado en autobús a Santiago para facer os últimos 300 metros do Camiño e asistir á Misa do Peregrino que en atención a esta Real Orde oficiarase na Catedral de Santiago ese dia, Festividade da Asunción da Virxe, ás 10:00 h. Todos os Cabaleiros están especialmente convocados para participar nese acto de peche, a Misa do Peregrino, coa uniformidade regulamentaria.

Desde aqui queremos agradecer aos diversos medios de comunicación a atención que están a prestar a esta iniciativa da Real Orde. Como exemplo, poden escoitar as intervencións do Maestre José Duarte no programa “Voces da Coruña” de RadioVoz, emitido o mércores 2 de agosto, e no programa ” Magazine COPE MÁIS Coruña”, emitido o venres 4 de agosto:

Radiovoz, minuto 194 al 208 del programa

Cadena Cope, minuto 7 al 17 del programa