No Capítulo Ordinario celebrado no Auditorio do Museo Militar aprobouse entre outros temas, o nomear Cabaleiro de Honra 2019 a Dona Benigna Pena Sánchez, empresaria e presidenta do Consello de Administración do Hospital San Rafael e  da Fundación San Rafael.

Dedicar os XXVIII Xogos Florais María Pita a Isabel Zendal, recoñecida pola OMS como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional.

Dedicar este ano a Festa de Outono á ONG Terra de Homes.