O pasado 12 de maio, sábado, a Real Orde de Cabaleiros de María Pita celebrou os seus actos solemnes de Homenaxes e Investiduras de acordo co seguinte programa:
Ás 10:30 no Castelo de San Antón, homenaxe aos heroes da defensa da Cidade durante o cerco inglés de 1589. Actuou como oferente o Caballero Alberto José Carro Igelmo. Finalizando coa interpretación de ” Il silenzio” a cargo de John Aigi Hurn, solista de trompeta da OSG.
Ao redor das 11.00 horas, os Cabaleiros congregáronse na praza de Carlos I, formándose a comitiva de entrada na Venerable Orde Terceira ( VOT), que se realizou baixo os sones do “Canon de Pachelbel” interpretado por Alexandre Chairo e Hugo Rodriguez. Seguidamente, tras a Invocación realizada polo Maestre, realizouse unha homenaxe en recordo dos Cabaleiros falecidos no ano 2017/18 baixo o son da “Lista de Schindler”.