“Homenaxe no 432 Aniversario da Vitoria de María Pita” coa participación  de Luís Gorrochategui presidente da Asociación ContraArmada, Manuel Arenas  presidente da Asociación The Royal Green Jackets e José Duarte Maestre da Real Orden de Caballeros de María Pita. Coa colaboración dunha espléndida María Pita na pel da escritora Elena Galván Vázquez.
Recordando o 14 de maio de 1589, no lugar de Porta de Aires onde  María Pita abateu ao alférez que portaba o estandarte inglés, insuflando así forzas ao resto de coruñeses na defensa da súa cidade. Non só María Pita, senón outras persoas con nome propio, como Inés Deben, os capitáns Juan Varela e Troncoso, o Marqués de Cerralbo, e moitos outros coruñeses anónimos que lograron con éxito evitar a invasión inglesa.