Ofrenda floral na estatua de Emilia Pardo Bazán sita nos xardíns de Mendez Nuñez, cunha sentida e brillante alocución de Socorro Fábregas Casal.

Na propia esencia da Real Orden de Caballeros  de María Pita está o recordar, investigar e difundir non só a figura da nosa heroína, senón tamén a doutras personalidades históricas e acontecementos que teñan relación coa cidade da Coruña e o seu carácter liberal.

Por iso, este ano, non nos podiamos esquecer do centenario da morte da escritora dos Pazos de Ulloa, a mellor novelista española do século XIX, unha intelectual desafiante, pioneira na defensa do dereito da muller á educación e unha loitadora pola igualdade de xénero que sempre tivo ao seu Marineda en mente.