Convidados polo Concello participamos na presentación no Teatro Colón do videoclip do Camiño Inglés  “Ou teu camiñar”  interpretado por Carolina Rubirosa e do libro de Julia Baird “Imagine This” sobre a vida de John Lennon. Participaron neste acto:  Felipe Senén (Escritor e Arqueólogo), Lanzada Calatayud (Xerente de Turismo da Coruña), Cecilia Pereira ( Comisaria Xacobeo 21), Chero Celemín (Concelleirao de Cultura) e o maestre da Real Orde de Cabaleiros de María Pita José Duarte. A presentación correu a cargo do showman Javier Gurruchaga.
Recreamos aquí parte da disertación do Maestre neste acto:
“Seguro que máis dun preguntarase, que pinta aquí a Real Orde de Cabaleiros de María Pita. Todo comezou hai máis de 3 anos cando xa como Maestre da Real Orde propuxémonos promocionar o Camiño Inglés desde Coruña. Acababan de ser declarados patrimonio da Humanidade en 2015  os Camiños do Norte, pola súa banda o camiño francés xa tiña ese recoñecemento desde 1993. E nós preguntabámonos: por qué o Camiño Inglés, coa súa tremenda historia dende o século XXII non puidese ser tamén  declarado Patrimonio da Humanidade. Comezamos a promoción deste camiño non só realizándoo todos os anos desde a nosa cidade, senón tamén organizando dentro do Foro María Pita conferencias sobre a parte histórica, a parte monumental, xurídica, espiritual, relixiosa e mesmo a parte turística. En 2018 convidamos a Julia Baird (irmá de John Lennon) a realizar o Camiño Inglés connosco, sendo ademais nomeada Embaixadora da Real Orde. O ano pasado volvémola convidar para actuar de madriña do maxistrado José Vázquez Taín, que foi nomeado Embaixador do Camiño Inglés 2019. Aproveitando esa viaxe para gravar o vídeo- clip que se presentou hai uns minutos.
Toda esta promoción que comezou fai catros anos ten por finalidade  achegarse cada vez máis a ese obxectivo inicial e ambicioso da Real Orde de Cabaleiros de María Pita que é nin mais nin menos, que o Camiño de Santiago Inglés sexa declarado Patrimonio da Humanidade”.

  • Copiar

 

ir a página