Como xa é tradición na Real Orde, comezamos o ano con esta comida solidaria, esta vez acompañados de dous auténticos personaxes: Julia Baird (irmá de John Lennon) e o gran Javier Gurruchaga,  que quixeron mostrar coa súa presenza o seu apoio decidido ao labor que realiza esta centenaria institución benéfica coruñesa.

Así mesmo acompañáronnos membros da Corporación Municipal como Juan Ignacio Cordeiro (primeiro tenente da alcaldesa) e os concelleiros Antonio Deus e Roberto Coira do Partido Popular  e Mónica Martinez de Cidadáns.  Do grupo municipal Marea escusaron a súa presenza pero contribuíron cunha achega económica á fila 0.

O total recadado e transferido á conta da Cociña Económica foi de 1.500 €.

 

ir a página