Comezou o día grande da Real Orde  no Castelo de San Antón, coa homenaxe aos que deron a súa vida na defensa da cidade en 1589, baixo as palabras da Cabaleiro Socorro Fábregas e o son dunha trompeta interpretando  “il silenzio”.

Na igrexa da V.O.T. procedeuse á investidura dos novos Cabaleiros mediante a imposición da espada e o xuramento onde se lles pide lealtad á RO.

Tomou posesión do seu cargo de clavero José Carlos Cobas Folgueira en sustitución de Mari Carmen Seijas e procedeuse á entrega do medallón conmemorativo aos que levan 25 anos pertencendo á nosa asociación. Finalizou o acto co himno a María Pita interpretado pola Cabaleiro Lis Teuntor e saída en formación baixo os acordes do Oboe de Gabriel.

A seguinte parada foi na igrexa dos Dominicos onde o Cabaleiro de Mérito José Luís Caramés, realizou a ofrenda floral á Virxe do Rosario, baixo as notas musicais da Coral da Sagrada Familia.

A última parada antes do xantar de bienvenida aos novos Cabaleiros, foi na praza de María Pita onde o Cabaleiro de Mérito e ex-Maestre  Vicente Iglesias Martelo realizou unha ofrenda floral aos pés da estatua da heroína que leva o noso nome.

O noso agradecimiento a todos os que tomaron parte neste gran día para a Real Orde.

 
ir a página