A pesar da borrasca “Helena” houbo cheo total, non cabía ninguén máis nesta comida solidaria organizada pola Real Orde na Cociña Económica, como xa é tradicional cada comezo de ano. Acompañáronnos nesta comida membros de todos os clubs de leóns da nosa cidade e do club de Oleiros.
Facendo valer aquela máxima que di “aínda que sós chegaremos máis rápido, xuntos, seguro chegaremos máis lonxe”, entre todos achegamos á Cociña Económica 1.200 € que contribuirán ao seu continuo servizo solidario.
Grazas pola vosa solidariedade.