A soprano Guadalupe Teuntor, coñecida artisticamente como Lis Teuntor,  ofreceu un magnífico concerto lírico nun repleto auditorio do Sporting Club Casino da Coruña, concerto dividido en tres partes con obras de carácter operístico, camerístico e zarzuela. Primeira actividade da Real Orde  retransmitida en streaming. Estivo acompañada por  Ludmila Orlova, excelente pianista rusa que habitualmente acompaña á Orquestra Sinfónica de Galicia e por Enrique Iglesias Precedo, brillante violinista tamén da OSG e primeiro galego en incorporarse á mesma, onde continúa.

Grazas ao Sporting Club Casino por cedernos as súas instalacións para este concerto, ao estudo GZMphoto pola reportaxe fotográfica e a Mediacebstream pola retransmisión en directo.

ir a página