O cumprirse 30 anos do inicio da andaina da Real Orde de Cabaleiros de María Pita,   celebramos esta magna exposición na sala de exposicións municipal Salvador de Madariaga, a través da mesma lémbranse todas as actuacións e actos que se levaron a cabo durante estes anos.
Foi en 1990 cando sete cabaleiros coruñeses  deciden fundar unha Orde, na que se destacasen os aspectos históricos relevantes que teñen como protagonista á nosa querida cidade, pero especialmente manter viva a historia da nosa heroína María Pita, pola súa valentía  e por defender A Coruña das tropas inglesas.
Ao entrar no recinto  da exposición, o primeiro que chama a atención é unha figura de María Pita, coa lanza da bandeira inglesa que portaba o alférez que dirixía o asalto, cadro escénico montado coa colaboración de Manuel Arenas, presidente da asociación The  Royal Green Jackets. Inestimable colaboración tamén a de Luís Jaime Oiza Galán, director dos museos da nosa cidade.
Ao longo dos dous pisos da exposición están representadas todas as nosas actividades desde 1990, as incluídas dentro do Foro María Pita, os Xogos Florais María Pita, as actividades solidarias, os nomeamentos de Cabaleiro de Honra, as Investiduras dos novos Cabaleiros, as distintas homenaxes  á nosa heroína e a outras personalidades relevantes da cidade, a promoción do Camiño Inglés, e asi unha infinidade de actividades realizadas nestes 30 anos.

 

  • Copiar
ir a página