VISITA Á ULLOA






Continuando a viaxe por esta parte montañosa, pasando moi preto do Castro de Remonde, alcánzase o gran panorama que, desde esas alturas, ofrece o Castelo do Pambre.


Unha vez visitado este impresionante recordo do pasado, a expedición dirixiuse a comer a unha Granxa Ecolóxica premiada no ano 2007 pola súa elaboración do queixo “ Arqueixal”, de leite de vaca.
Despois dunha longa sobremesa baixo as árbores frondosas, o propietario expuxo aos visitantes, no salón da casa, unha ampla reportaxe sobre a elaboración do queixo e un interesante resumo dos traballos e ideas que está a poñer en práctica para transformar o agro galego e potenciar a produción ecolóxica de diversos produtos de calidade.
Con gran amabilidade, o propietario tamén nos mostrou á expedición as dependencias da casa rural tradicional, coa cociña de lareira e as cuadras na planta baixa e, encima delas, recibindo a través do piso a calor dos animais, a estancia-dormitorio.


Unha vez adquiridos algúns produtos na tenda ecolóxica, antes de regresar a Coruña aínda houbo tempo para unha rápida visita ao Balneario do Pambre observando as proximidades do río Furelos cuxo canle, moi seco, está cheo de vexetación.
No reportaxe máis ampla, realizado pola Caballero da ROCMP Maria Rosa Garcia, Vda. de Venancio Lafuente, poden velo en: