Invitados pola Alcaldía, participamos na homenaxe institucional, da conmemoración anual da “Gesta de María Pita e os defensores da cidade”.
A comitiva estaba formada pola Real Orde que a encabezaba, seguida polo Alcalde e o resto da corporación Municipal. Tras un breve discurso de D. Xulio Ferreiro realizouse unha ofrenda floral na que participaron o Alcalde, o Maestre e a Canciller. Finalizando o acto coa interpretación do himno galego a cargo da Banda Municipal de Música.